Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta iago. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta iago. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

15 abril 2016

EDUCAR EN LÍMITES

Iago Santalla
Iago Santalla na lectura da súa tese. Cedida polo autor

O pasado 28 de setembro presentei na Facultade de Humanidades da USC a miña tese de doutoramento titulada “La aplicación y desarrollo de la Teoría del Ilímite en contextos educativos formales y no formales”. A tese parte da base de que todos temos límites ou discapacidades que temos que asumir porque nos están marcando áreas da vida nas que o noso desenvolvemento terá máis dificultades e, probablemente, sexa menor. Estamos no campo do noso límite e témolo que asumir sabendo que da outra cara da moeda está o noso ilímite, onde agroman as nosas maiores capacidades que temos que saber converter en competencias para desenvolver o noso proxecto vital. 

15 outubro 2019

OS VAPORES QUE NOS SALVARON

Iago Santalla

O buque Sinaia chegando a México con exiliados españois en xuño de 1939   https://www.gob.mx/

Ultimamente a demagoxia xenófoba está moi en boga. Ten medios de comunicación moi poderosos ao seu dispor e iso significa impoñer doutrina e sentar cátedra, aínda cando o que se di deriva dun odio case ancestral. Ese odio vísteno de valentía: eles din o que ninguén se atreve a dicir. Son, pois, a suposta vangarda dun novo tempo. Non lles interesa a historia, viven no presente e queren proxectarse no futuro. É lóxica esta desinterese porque a historia acabaría diluíndo a súa máscara democrática.

01 abril 2019

MEMORIA DE LUIS SEOANE


Xulio Cuba Orosa

Fago a miña evocación e memoria de Luís Seoane, home e artista íntegro que dedicou a súa vida e obra a facer memoria e evocación do seu pobo, sufrido e emigrante. Témolo levado sempre connosco.

A LUÍS SEOANE (BREVE LOANZA DA SÚA OBRA E CERTA ATENCIÓN Á SÚA POESÍA)

Xoán Xosé Fernández Abella
Ou!, fillo de emigrantes, naciches en Bos Aires, e ós seis anos trouxéronte para a Patria galega.
Pola Guerra Incivil tiveches que exiliarte,"O pintor eisilado" do "Fardel do eisilado" facendo de Bos Aires a túa patria no exilio e rachando o silencio que en Galiza imperaba.
Foi nos anos sesenta o teu regreso a España.

15 abril 2018

UN PASO ADIANTE E OUTRO ATRÁS

Iago Santalla

Foi no 2014 cando se lle dedicou as letras galegas a Xosé Mª Díaz Castro. Daquela, popularizouse entre quen aínda non o lera o poema de Nimbos “Penélope” no que se comparaba a nosa historia coas teas que Penélope tecía e destecía. Hoxe este poema serve para pensar que está a pasar coa liberdade de expresión, serve para reflexionar sobre o feito de que alguén se arrogue o dereito de decidir sobre o que podemos dicir, ler ou escribir. Xa o dicía, tamén Celso Emilio “que ninguén queira ordearme os libros que debo ler, as preces que debo rezar, os vítores que hei de dar”. Celso Emilio, que apenas viu nacer á democracia pola que loitou toda a súa vida, entendía que a liberdade de expresión era un piar básico da mesma.

14 abril 2018

MEMORIA DE ACTIVIDADES

Marisa Naveiro López

A finais de maio de 2008 organizabamos as primeiras xornadas sobre os Irmáns Suárez Picallo, polo que se fan agora dez anos desde que publicamente se deu a coñecer esta parte da historia sadense. Aquí remitirémonos aos últimos seis meses nos que seguimos coa acostumada actividade.

14 outubro 2017

CARTA A XESÚS CASTRO VIDAL

Iago Santalla
Estimado Xesús: 

Foi o 8 de setembro de 2012 cando tiven a sorte de coñecerte. Foi no día de Manuel María, cando Valdi recibía a fraterna navalla do poeta. Daquela, non sabiamos ata onde ía chegar a amizade; non en tanto, vin en ti unha persoa especial, desas que marcan vidas ata converterse en imprescindible. Non é algo habitual senón que é excepcional, unha característica das persoas destinadas a deixar rodeira vital. Despois, todo foi medrando e a nosa relación transformouse en encontros de ledicia. 

14 abril 2017

“A LUZ PARA A CADUCA IBERIA, VIRÁ DOS FILLOS DE BREOGÁN”: RAMÓN SUÁREZ PICALLO E EDUARDO PONDAL

Luis Antonio Giadás Álvarez, patrono da Fundación Eduardo Pondal

Para Ramón Suárez Picallo –o mesmo que para o seu íntimo amigo Antón Vilar Ponte, fundador da primeira Irmandade da Fala, na Coruña–, Eduardo María González Pondal Abente, o Bardo de Bergantiños, é o profeta da nova era, o San Xoán Bautista que transmite, dende o seu emblemático río Anllóns (o seu Xordán nativo), a “voluntade homérica / e propósitos férreos (…) axudando aqueles, do futuro sedento”, é dicir, aquela xeración das Irmandades, netos espirituais do vate, xa que os seus fillos e sobriños – no sentido metafórico – foran os fieis compoñentes da “Cova Céltica”. Como as propias Irmandades homenaxeaban no primeiro cabodano do pasamento do Cisne do Anllóns, o 10 de marzo de 1918, coas verbas pondalianas: “Xa chegaran os días / que os bardos anunciaran”. 

14 outubro 2015

A CULTURA COMO DESENVOLVEMENTO SOCIAL

Iago Santalla

O barrio de Fontán no ano 1933. En primeiro plano as fábricas de salga Vida Gallega, Vigo, 20/05/1933.

Moita xente fai unha disxuntiva entre o feito social e o cultural considerando que nunha situación de crise o primeiro son as necesidades básicas. Teñen razón, mais hai que ter en conta que nunha situación de crise tamén hai que buscar fontes de orixinalidade que nos permitan ser competitivos nun mundo globalizado; fontes que nos leven a rescatar todo aquilo que se garda na nosa orixinalidade intacto para compartir co mundo. O factor cultural sempre foi e será un medio de desenvolvemento que nos convida á unidade humana. Neste sentido resulta básico o diálogo e o coñecemento mutuo que nos leva a compartir fusións culturais sen perder identidade. 

14 abril 2014

OS APELIDOS DE SADA - II

José-Mª Monterroso Devesa

MEA CULPA

Nada mais ver publicada a primeira parte deste traballo, caimos na conta de que, entre os apelidos patronímicos de Sada nom incluíramos SUÁREZ, grande pecado se pensarmos que esta revista é o vozeiro da A. C. Irmáns Suárez
Picallo (¡). Começamos, pois, esclarecendo que SUÁREZ (galego-português SOARES, procedente do nome Soeiro) provém de Suero, nomepretendidamente euskera.


DE GRÂNDOLA ÁS GRÂNDOLADAS

Iago Santalla

José Afonso, autor de Grândola, Vila Morena

Se puidese viaxar notempo e tivera que escoller unha data histórica, non dubidaría en situarme o 25 de abril de 1974 en Lisboa. Faríao sabendo como sei, que a Revolución dos Caraveis que trouxo a democracia ao país veciño tivo múltiples fallos e non poucas carencias no seu desenvolvemento posterior; pero, tamén sei que foi un día de esperanza e reencontros con aqueles presos que en Caxias e Peniche, así como na Ultramar, resistían ás torturas da PIDE. Unha das imaxes máis emotivas da Revolución dos Caraveis, prodúcese cando dous días despois os presos políticos son liberados e os seus carcereiros ocupan as súas celas. Pouco despois, nunha entrevista, Otelo Saraiva dicía que non todos os axentes da PIDE eran iguais e que habería que xulgar a cada quen polo seu delito.

14 outubro 2013

OS APELIDOS DE SADA - I

José-Mª Monterroso Devesa
ANTESSALA

O galego, como o português, ou, para sernos fieis à preceptiva filológica, o galegoportuguês tem, como todo outro idioma, um repertório de nomes de família, vulgo apelidos, digno de estudar per se, mas tamém por se ter espalhado mundo adiante... muitas vezes sem os seus próprios portadores serem conscientes da origem de tais apelidos.

De acordo coa classificaçom universalmente aceitada, o conjunto destes nomes adoita se dividir em: a) patronímicos (López), b) toponímicos (Quiroga), c) outros (dos que já daremos detalhe).

De todos eles, os toponímicos podem ser considerados os mais nossos, pois que, nascidos dos nomes da Terra -como alguém os tem denominado- dam ondequer prova do seu berço natal. Mesmo se tomarmos apelidos como Lemos
ou Quiroga, salta-nos à vista que nom só som lingüísticamente galego-portugueses, mas strictu senso, apenas galegos, por terem surgido desses dous topónimos privativos de nós. É tal o caso, mutatis mutandis, de apelidos como Cáceres ou Sevilla, que, sendo castelhanos pola língua nom o som pola geografia, pois aquele é estremenho e este andaluz.


A TERRA COMO BEN METACULTURAL

Iago Santalla

Asistimos nestes tempos a un axitado debate sobre as formas de xerar traballo, a necesidade de facelo rapidamente e a necesidade, tamén, de volver ao ritmo de crecemento anterior á crise. Neste sentido, un dos proxectos industriais que máis polémica leva sementado no noso país é o da megamineiría, especialmente a raíz do proxecto da empresa canadense Edgewater para a extracción de ouro en Corcoesto. A polémica está servida e avivada nun continuo cruce de declaracións entre dúas plataformas antagónicas, moi activas nas redes sociais. Serían 7400 hectáreas afectadas a cambio de 168 postos de traballo directos e 147 inducidos ao longo da vida da mina; a contrapartida é a destrución de 7400 hectáreas destinadas á produción agrícola.



14 abril 2013

O CARÁCTER POLIÉDRICO DA NOSA REALIDADE CULTURAL

Iago Pérez Santalla

Nunca entenderei o anceio deste país por ser singular en contra da súa propia natureza plural. Este desexo mesmo o fai ficticio podendo ser real; e tradúcese na venda dunha parte polo todo, que ten como consecuencia unha gran porcentaxe de españois non identificados con esa España “oficial”. Queiran ou non, España é un país multicultural e multilingüístico, isto implica que ten unha natureza plural aínda que se empeñen en negarlla. Mesmo sen ter en conta as comunidades históricas, podemos observar idiosincrasias moi distintas ao longo da nosa xeografía; no que quizais inflúan os climas variados, que nos obrigan a adoptar modos de vida ben diferenciados. É dicir, non somos nin máis nin menos, SOMOS DIFERENTES.

14 outubro 2011

CARTA A JOSÉ MIÑONES, MEU BISAVÔ

María Pérez Miñones
Caro bisavô:

Sempre soubem que te mataram injustamente; sempre o soubem e no entanto, nom foi até há ano e meio aproximadamente que me dei conta do tremendo que foi aquilo. E nom digo tremendo porque fosses meu bisavô, em absoluto, porque poderias ter sido qualquer outra pessoa. Eu nom gosto de que se mate gente, nunca gostei. Sempre fum revolucionária, reconheço- o, sempre sentim um compromisso com a luita, mas com a luita através da palavra. O mais singelo é colher umha arma e botar-se à rua a matar gente, a matar pessoas que um crê inimigos quando onte eram vizinhos ou amigos. Isso é o mais fácil, mas convencer através da palavra, saber falar, saber escuitar, em definitivo, lograr a comunicaçom, isso nom é tam doado, mui poucos sabem fazê-lo.

01 xaneiro 1970

Carta de R. Suárez Picallo a E. Blanco-Amor

CALIMA DO OESTE
PRESENTE, MEU CAPITÁN

Aquí, nun recuncho da Costa “do outro mar”, mariñeiro sin plaza, escoito, agora mesmo, a tua chamada, Capitán Blanco-Amor. Aínda que os novos ou vellos señoritos “spromen” non-o seipan, eu sigo ataleándo, no asexo e no amanexo, adicado a recoller señales no dia e na noite. As señales vellas, de Sada, de Beloy, de Morazón e de Carnoedo. ¡Ou Carnoedo, loiro e nadador, encolgado n’unha inxente ribeira, simbolizado n’un ergueito pino, lanzal e fidalgo, enriba de cirro, con Curbeiroa, Gadarío, Riobao e Taibó!