14 DE ABRIL

Velaquí a nosa homenaxe ás persoas de Sada que padeceron a represión da ditadura franquista. Este ano, en formato dixital, ao non podermos acudir presencialmente ao monumento que as honra. Grazas a Miguel, Xandre, Sofía, Lorena e Amara por poñer voz e imaxe a este video no que lle dimos a palabra á mocidade de Sada. E grazas a Jesús Castro polo seu saúdo nunha cita á que non podía fallar.

Que sigamos a celebrar moitos máis días coma este na liberdade que lles debemos aos que, por tod@s nós, deixaron a vida na cunetas.


Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *