A TERRA COMO BEN METACULTURAL

Iago
Santalla

Asistimos
nestes tempos a un axitado debate sobre as formas de xerar traballo, a
necesidade de facelo rapidamente e a necesidade, tamén, de volver ao ritmo de
crecemento anterior á crise. Neste sentido, un dos proxectos industriais que
máis polémica leva sementado no noso país é o da megamineiría, especialmente a
raíz do proxecto da empresa canadense Edgewater para a extracción de ouro en
Corcoesto. A polémica está servida e avivada nun continuo cruce de declaracións
entre dúas plataformas antagónicas, moi activas nas redes sociais. Serían 7400
hectáreas afectadas a cambio de 168 postos de traballo directos e 147 inducidos
ao longo da vida da mina; a contrapartida é a destrución de 7400 hectáreas
destinadas á produción agrícola.

Fronte
a este modelo de desenvolvemento, diversos expertos en patrimonio propoñen
volver á terra e aproveitar a riqueza sociocultural que nos ofrece. O noso país
ten un patrimonio endóxeno de incrible valor tanto natural como sociocultural,
e así o recoñece a Lei 8/1995 Do Patrimonio Cultural de Galicia no seu artigo 1.3:
“I
ntegran o patrimonio cultural de Galicia
os
bens
mobles, inmobles e inmateriais de interese artístico,
histórico, arquitectónico, paleontolóxico, arqueolóxico,
etnográfico, científico e técnico. Tamén
forman parte deste o patrimonio
documental e bibliográfico,
os
conxuntos urbanos, os lugares etnográficos,
os xacementos e zonas arqueolóxicas, así
como os sitios naturais, xardíns e
parques que teñan
valor
artístico, histórico ou antropolóxico.
”; polo
que debería definirse como sector estratéxico, dinamizando e coidando o noso
entorno como unha fonte de riqueza económica sostible. Refírome ás fermosas
paraxes que nos ofrece o rural,
ao
noso mar, ao noso xeito de traballar o mar e a terra, a nosa historia, as nosas
tradicións, aos nosos ríos, aos nosos camiños, aos nosos muíños, a nosas
fontes… e refírome, tamén, a que os antergos nos ensinaron a adaptar
o
medio ás nosas necesidades sen danalo; aí está a verdadeira clave.
Alén
da lei, a proposta é utilizar todas as excepcionalidades que fan único o
territorio galego para potenciar o seu desenvolvemento económico e
sociocultural. Neste sentido, a nosa terra ten que pasar a ser o que José Luís
García García (1998:17) denomina “
produto
metacultural
”, converténdose nunha fonte de riqueza máis que
contribúa a xerar emprego e benestar. O que se propón, seguindo a Francisco
Cruces (1998:84-86), é un proceso de tradicionalización, lexitimación,
demarcación e obxectivación capaz de mobilizar o potencial endóxeno para xerar
emprego estable e a longo prazo.
Estou
totalmente certo de que Galicia é unha mina de bens metaculturais únicos e
irrepetibles susceptibles de ser patrimonializados de acordo co triángulo de
criterios proposto por Llorenç Prats (1998:65):
1. Natureza.
Temos paraxes incribles que a penas damos a coñecer, cando poderían ser rutas
de sendeirismo ou lugares onde practicar deportes de risco, entre outras
posibilidades.
2. Historia.
Cada lugar da nosa terra fala dos antergos, da loita polo progreso e da
evolución que nos levou séculos arriba ata estes tempos. Temos que aprender a
contar esa historia, facendo dela un ben do que vivir.
3.
Xenialidade. A
xenialidade de Galicia está na súa xente, nas solucións creativas que lle demos
a cada eido da cultura universal; e nunha paisaxe diversa e permeable a
desenvolver nela distintas actividades profesionais.
Vivir
da terra e procurar o seu rendemento económico é posible, lexítimo e desexable
sempre que sexamos capaces de renunciar á voráxine de inmediatez que nos tratan
de imponer para gozar “de por vida” dos marabillosos manxares desta terra.

A
conclusión é simple: da terra podemos vivir toda a vida e doala aos nosos
devanceiros, sabendo que lles legamos benestar. O ouro ten unha vida limitada,
pasa a mans foráneas (Edgewater é canadense), estraga a terra e probablemente
traia problemas de saúde para os veciños da contorna. Agora toca escoller….

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *